Sobre nós

O grupo/charanga 5+1 nace no interior da Agrupación Musical do Rosal, sendo este un máis dos proxectos levados a cabo por esta asociación que conta entre outras cousas con escola de música, banda, coral, grupos de cámara, etc.

O grupo consta de seis compoñentes. Entre estes hai un saxofón, un clarinete, dúas trompetas, un bombardino, e un percusionista. Posúen un amplo repertorio de pezas, dende temas populares, ata arranxos de cancións coñecidas.

O grupo/charanga 5+1 fae a súa presentación en novembro de 2010 no Rosal e dende entón actúan en diversos eventos culturais: 1ª Campionato do futbolín ( O Rosal) , Festa da cachiza en Pias( O Rosal), O Porriño, Salceda etc…